Venres. 26.04.2024
El tiempo

Menudo verán para a rapazada de Malpica

Folletos Malpica Verán xuño 22 3
Menudo verán para a rapazada de Malpica

Espectacular o programa de verán do Concello de Malpica. As concellerías de Deportes e Cultura e Servizos Sociais, en colaboración coa Deputación da Coruña e outras entidades e empresas, levarán a cabo ao longo dos meses de xullo e agosto un sinfín de actividades diversas.

Campamentos

O prazo de inscrición para os campamentos abre o 23 de xuño ata esgotar prazas, e cómpre inscribirse no departamento de Deportes na Casa do Concello ou nos departamentos de Educación e Cultura e no de Servizos Sociais no Centro Cívico en horario de 09.00h a 14.00h.

A 1ª quincena de xullo hai as seguintes opcións:

  • Semana de Xogos Xigantes: Esta actividade está recomendada para a rapazada de 6 a 14 anos. No Paseo da Praia os días 4 e 6 de xullo (luns e mércores) de 11.00h a 13.00h faranse diferentes xogos: twister, parchís, dominó, 3 en raia, memory, xogo dos patiños, mikado e quen é quen. O venres 8, no mesmo lugar e de 10.00h a 14.00h faranse torneos de futbolín e de xadrez.
  • Campamento de Patinaxe: Está dirixido a rapaces dende 3 anos. Terá lugar no Pavillón Polideportivo de Malpica do 4 ao 15 de xullo (de luns a venres) en horario de 09.30h a 13.30h. Poden inscribirse do 23 ao 29 de xuño no teléfono 630 367 783. As prazas son limitadas.
  • Campamento de Verán Carcaxía: Está pensado para nenos e nenas de 4 a 10 anos. Será na Casa da Cultura de Seaia do 4 ao 29 de xullo en horario de 09.00h a 14.00h. Para anotarse poden facelo no teléfono 657 919 272.
  • III Campus de Verán UD Cerqueda: Dirixido a rapaces de 4 a 17 anos. Celebrarase do 4 ao 29 do xuño no Campo de Xaviña (Buño) de 09.30h a 13.30h con posibilidade de entrar xa ás 08.30h. Para máis información ou para inscribirse deben poñerse en contacto con Dani no teléfono 663 904 461 ou no enderezo electrónico [email protected].
  • Vive o verán: Unha actividade dirixida a rapaces nados do 2004 ao 2015 na que durante oito días farán sendeirismo, surf, paddle surf, snorkel e unha visita ás Sisargas. Aqueles empadroados no Concello de Malpica terán un desconto do 10%.
  • Talleres de actividades Multideportivas: Faranse o 5, 7, 11 e 13 de xullo na praia de Area Maior de 11.00h a 13.00h. Poden apuntarse nenos e nenas de 6 a 12 anos a un prezo de 21,71€. As prazas son limitadas.
  • Área Infantil: Actividade pensada para a rapazada de 3 a 6 anos. Terá lugar no paseo da Praia do 11 ao 15 de xullo. Haberá dúas quendas dispoñibles; unha de 11.00h a 12.00h e outra de 12.00h a 13.00h. Para cada unha, hai 10 prazas.
  • Obradoiro de Danzas Urbanas con Dj: É de balde e está dirixido a maiores de 12 anos e levarase a cabo o día 15 de xullo no paseo da Praia de 10.30h a 13.30h.
  • Geocaching iniciación: unha actividade gratuíta que se fará o 12 e o 14 de xullo na praia de Area Maior de 10.00h a 13.30h. Poden inscribirse os nenos e nenas de 7 a 12 anos. Hai 20 prazas dispoñibles.

Para a 2ª Quincena de Xullo:

  • Zumba na praia: Unha actividade pensada para todos os públicos que se vai facer de maneira gratuíta o luns 18 de xullo no paseo da Praia en horario de 11.30h a 13.30h.
  • 1ºC ampamento deportivo: para rapaces e rapazas de 7 a 12 anos. Celebrarase do 19 ao 22 de xullo no Pavillón Polideportivo de Malpica de 10.00h a 13.00h. As prazas son limitadas e ten un custo de 21,71€.
  • Torneo de fút-tenis e basquet 3x3: 19 e 21 de xullo no Parque infantil do Mercado en horario de 10.00h a 13.30h. É de balde e esta dirixido a nenos e nenas de 10 ou máis anos.
  • 2º Campamento deportivo: Actividade dirixida a rapaces de 7 a 12 anos. Desenvolverase do 26 ao 29 de xullo, no Pavillón Polideportivo de Malpica de 10.00h a 13.00h. Ten un custo de 21,71€ e as prazas son limitadas.
  • Torneo de Fútbol Praia Sub 15-18: o xoves 28 e o venres 29 haberá un torneo na praia de Area Maior no que poden participar rapaces de 15 a 18 anos. É gratis e non hai límite de prazas.

Durante o mes de agosto:

  • Fútbol praia: durante os días laborais do 1 ao 31 de agosto organizaranse actividades de fútbol praia no areal de Area Maior dirixidas a nenos de 6 a 14 anos. O calendario e o horario van depender das mareas e ten un custo de 21,71€.
  • Pintar na rúa: Os días laborais do 1 ao 12 de agosto na Praza Anselmo Villar Amigo. Para os nenos de 11 a 14 anos será de 10.00h a 12.00h. Para os pequenos de 6 a 10 anos, de 12.00h a 14.00h. Ten un prezo de 11€ e haberá 15 prazas por quenda.
  • Obradoiro de Danzas con Dj: Será o 16 de agosto no paseo da Praia de 10.30h a 13.30h. Será de balde e está dirixido a maiores de 12 anos.
  • XXI Concurso de Barcanas e Castelos de Area: O 26 de agosto, na praia de Area Maior faranse esculturas de 10.30h a 13.00h. O público votará a partir das 13.00h e ás 13.30h darase a coñecer o fallo do xurado e farase a entrega de premios. Hai dúas categorías: a infantil (ata 10 anos) e a amateur (a partir de 11 anos). Participar é gratis e non hai límite de prazas.
  • Campamento Conciliación Malpica 2022: Do 16 de agosto ao 6 de setembro no Centro Cívico de Malpica, de 09.00h a 14.00h e para nenos de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas.

Obradoiros de barro

Ademais desta gran oferta de actividades, no Ecomuseo Forno do Forte de Buño farase un obradoiro de barro gratuíto durante os meses de xullo e agosto. Será de martes a venres en horario de 16.30h a 18.30h e está dirixido á rapazada de 3 a 12 anos. Os nenos e nenas deben acudir acompañados. As prazas son ilimitadas e non fai falta inscrición previa.

Obradoiro barro verán 2022 Ecomuseo Bunho

Comentarios