Miguel Varela foi ratificado o candidato do BNG en Malpica
20:49 09/10/22
O actual voceiro do BNG malpicán, Miguel Varela Varela, será o candidato do BNG á alcaldía. A militancia vén de amosarlle o seu apoio incondicional para liderar o retorno da formación nacionalista ao goberno municipal, un obxectivo no que agarda implicar ao conxunto da sociedade malpicá.
Con esa intención, Miguel Varela está a traballar na composición dun equipo de traballo renovado, no que todos os sectores e todas as parroquias teñan representación e no que se escoite a voz da xente nova.

Miguel Varela entrou a formar parte do goberno malpicán o 19 de outubro do 2020 como portavoz do BNG e asumindo as competencias de goberno nas áreas de Deporte, Mocidade e Novas tecnoloxías. A súa experiencia de goberno durou menos dun ano, porque o 3 de setembro do 2021 prosperou a moción de censura asinada polo PP e o independente Alfredo Cañizo.
O voceiro priorizará na campaña a mellora da xestión do abastecemento; a aposta por un alumeado eficiente, e extensión do saneamento a todo o territorio.