Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Monte d'Arxa recuperará a Croa do Castro como recurso turístico

Monte d'Arxa recuperará a Croa do Castro como recurso turístico

Durante a mañá deste sábado 14 de decembro, a partir das 10 h, o pleno da directiva da Asociación de Veciños Monte d’Arxa manterá un encontro co Alcalde de Malpica de Bergantiños no local social das Pozacas.
Nel expoñeráselle ó rexedor un amplo catálogo de necesidades que se deben resolver na parroquia. Estas deficiencias ou melloras afectan a distintos ámbitos da parroquia como son infraestruturas, concentración parcelaria, turismo, etnografía, saneamento ou publicacións.

Croa do Castro

Un dos temas a tratar, malia que xa está en marcha, será a primeira visita guiada á Croa do Castro. Será arredor das 12:00h, cando representantes de todo o tecido asociativo de Cerqueda (A. VV. Monte d’Arxa, A. C. Raigañas, U.D. Cerqueda, A. Cabalar Os Veteranos e Comisión de Festas) realizarán unha visita á Croa do Castro en compaña das autoridades municipais e do profesor Manuel Gago. O divulgador cultural tentará facer da Croa do Castro un novo proxecto de arqueoloxía social, como está a desenvolver no Proxecto das Croas de Niñóns, en Ponteceso.

O obxectivo desta visita é poñer a andar un proxecto de arqueoloxía social en vindeiros meses cuxas primeiras obras serían o desbroce de todo o recinto castrexo para convertelo nun recurso turístico visitable na próxima Semana Santa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xosé Manuel Varela Varela, Secretario da A.VV. Monte d’Arxa.

Comentarios