Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As mulleres de Buño e Ponteceso romperon os estereotipos da Muller Rural

Mulleres Rurais con Visibles en Buno
Mulleres Rurais no encontro da Asociación Visibles en Buño
As mulleres de Buño e Ponteceso romperon os estereotipos da Muller Rural

Esta celebración do Día Mundial das Mulleres Rurais tivo epicentro en Bergantiños. A parroquia malpicá de Buño e a pontecesá da Campara acollían sendos eventos cheos de emotividade, nos que se resaltou a valía das mulleres da nosa comarca.

Visibles coas Mulleres Rurais de Buno
Diplomadas ca Asociación Visibles

Foi a Asociación Visibles a que organizaba un encontro cunhas 40 mulleres, coincidindo coa fiinalización dos cursos de Competencias Dixitais e Transversais. A entrega dos diplomas deu paso a unha axitada e máis que interesante conversa arredor do que representan as mulleres do rural galego, rompendo moitos estereotipos.

Unha xornada de reencontros, pois tamén estiveron presentes mulleres da pasada edicion dos cursos, nas que ademais de compartir e escoitarse, se propuxeron próximos eventos. Dende a entidade, Olaia Trigo valora que “este ano houbo máis rede nas mulleres. As mulleres que participaron nos cursos seguen quedando en círculos ou grupos, e as que antes só se coñecían de vista, agora son amigas”. De aquí xurdiu a idea de facer encontros quincenais ou mensuais, que de seguro son máis que positivos.

Durante o encontro visualizaron este vídeo creado pola bergantiñá Criss Becerra, que afonda na rotura de estereotipos:

Mulleres loitadoras na Campara

Mulleres rurais na Campara

O local da asociación da Campara tamén acolleu un encontro para escoitar a tres mulleres de Ponteceso que relataron a súa experiencia vital e profesional. Patricia Gundín Garrido, autónoma e emprendedora; Isabel García García que desempeña o seu traballo no sector da compra e venda de peixe; e Ana Dávila Durán do Bodegón O Labrego de Corme e con 23 anos de experiencia na hostalería, proveñen de sectores profesionais diversos pero todas elas con un nexo en común: proceden do ámbito rural. Tamén estaba previsto que participara no evento María Jesús Blanco Cancela de Granxa Ourada que por motivos laborais non puido acompañarnos. Todas elas son mulleres loitadoras e que desempeñan un papel fundamental na nosa sociedade, e neste día, quedou patente a gran labor das mulleres rurais.

Mulleres rurais en Ponteceso

Novas relacionadas

Comentarios