Nova noite de roubos en Malpica

07:26 31/08/18

Nova noite de roubos en Bergantiños. Desta volta tocoulle a unha carnicería e un bar de Malpica. Foi a pasada noite de martes cando un grupo de 3 persoas encapuchadas entraron rompendo as portas do escaparate e ata as persianas dos establecimentos, apoiados nun coche branco.
As máquinas sacacartos foron de novo o móbil do roubo.