Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Escolares de Malpica limparon a praia de Seaia

LIMPEZA na praia de Seaia con Chelonia
Escolares de Malpica limparon a praia de Seaia

A Asociación Chelonia organizou este venres, coa colaboración do Concello de Malpica, unha nova xornada de limpeza da praia de Seaia.

 Nesta intervención en prol do medio ambiente, participaron dos estudantes do IES Urbano Lugrís. Antes de comezar a actividade membros da asociación Chelonía impartiron unha charla para sensibilizar e concienciar sobre a necesidade de coidar do medio ambiente. A concelleira, Noelia Freijeiro, tamén se achegou para participar na xornada de limpeza

A acción, promovida dende o departamento de Medio Ambiente baixo a dirección de Rodrigo Mato, ten como obxectivo concienciar sobre a importancia de coidar e manter limpos as contornas fluviais e costeiras.

A implicación en actividades como a de onte fortalece a conciencia ambiental en todas as idades e subliña a necesidade imperiosa de preservar a natureza de xeito constante.
 

Comentarios