Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novas ofertas no Parque Empresarial de Buño e no Mercado municipal

Novas ofertas no Parque Empresarial de Buño e no Mercado municipal

Veu de oferta esta fin de semana en Malpica, por partida doble. Por un lado, hai novidades no prezo do solo para intentar estrear o Parque Empresarial de Buño. E polo outro, abre a campaña “Quere o teu mercado” para dinamizar o espazo municipal.

Ofertas da SEA no Parque Empresaria

Xa vai sendo hora de estrear o Parque Empresarial de Malpical, situado entre as parroquias de Buño e Cerqueda. Un Polígono que leva moito tempo sen empresas pero que xa ten fibra óptica e agora ademais terá un 25% de desconto en 14 parcelas. 14 parcelas dispoñibles con superficies que van dende os 1.000 metros cadrados, por un prezo de saída de 60.750 euros, ata os 5.578 metros que ten a parcela máis grande, e que sae a licitación por 317.997,25 euros.

Así o anunciaba Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) que abre un prazo de solicitudes ata o día 26 de maio. A documentación precisa pode consultarse en www.seasuelo.com, e se alguén precisa máis información pode chamar ao número de teléfono 981 575 469.

“Quere o teu mercado”

Quere o teu mercado en Malpica

O Concello malpicán quere darlle a rendida importancia ao seu mercado, fomentando así a compra do produto local e a profesionalidade dos praceiros e praceiras. Así, vén de adherirse á campaña internacional “Quere o teu mercado”, na que participan uns 90 mercados galegos. Praceiros e praceiras únense á esta iniciativa que vai dende o 15 ata o 27 de maio, o Día do Mercado, cando rematará co sorteo de cinco pezas tradicionais da nosa Olería de Buño.
Con cada compra, os clientes dos postos do mercado recibirán un boleto, que deberán cubrir cos seus datos persoais e depositar nunha urna situada na entrada do edificio. O sorteo celebrarase o día 27, ás 12 horas, no propio mercado.

Na bisbarra participan os mercados de Carballo, Malpica, Laxe, Fisterra, Corcubión e Cee

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios