Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A novela malpicá “Muxos” recibe un accesit do Premio Asubío

Hector Porto a dereita no Premio Asubio
Hector Pose Porto, á dereita, no Premio Asubio
A novela malpicá “Muxos” recibe un accesit do Premio Asubío

O escritor Héctor Pose Porto (Malpica, 1964) vén de recibir un accesit no marco do I Premio Asubío de Novela FMJJ Infancia e Mocidade pola Inclusión, convocado pola Fundación María José Jove e Hércules de Edicións.

O gañador do certame foi o murciano Ginés Cruz Zamora, que leva un premio de 10.000€ e a publicación da novela “Palabras de pedra”. Presentáronse 71 obras escritas en castelán ou galego procedentes de España e varios países latinoamericanos.

“Muxos” está ambientada en Malpica e as Illas Sisargas, e narra a historia dunha nai coraxe na súa loita por axudar ao seu fillo ante as dificultades. O xurado destacou “a riqueza léxica, o profundo coñecemento da vida dos marineros da zona e o universo propio que crea o autor, nun exercicio orixinal de creación literaria”.

Porto é profesor universitario e compaxina este labor coa de escritor. Conta xa cunha interesante biografía literaria: “Donato” (Damajuana edicións, 2006), “Doce Lúas” (Axóuxere), ”Mar de Invernía? (Phottic, 2016), ”Escribirme” (Dopeirao, 2019) e o libro-obxecto “Lascas” realizado xunto ao artista Héctor Francesch, ademais da fermosa galería fotográfica “Mar de Paixón”, e ter publicado numerosos artigos en QPC.

Artigos de Héctor Pose en QPC.

Novas relacionadas

Comentarios