Martes. 08.10.2024
El tiempo

Novos obradoiros de memoria e arranxos florais para maiores e persoas con diversidade funcional en Malpica

Maiores con movil
Maiores con movil
Novos obradoiros de memoria e arranxos florais para maiores e persoas con diversidade funcional en Malpica

A partir do vindeiro 3 de maio, Malpica organiza no Centro Cívico e na Casa do Oleiro de Buño, sendas actividades pensadas para maiores e persoas con diversidade funciona. Trátase dun obradoiro de arranxos florais e outro de memoria cos que se pretende promover a saúde mental e física destes colectivos.

O obradoiro de memoria contará con sesións dunha hora que se realizarán os luns de 10:00 a 11:00 horas en Buño e os mércores de 10:30 a 11:30 en Malpica.

En canto ó taller de arranxos florais, este desenvolverase en dous grupos reducidos en clases de dúas horas. Realizaranse os luns ata o 28 de xuño en Buño de 16:00 a 18:00 horas no primeiro grupo e de 18:00 a 20:00 horas no segundo. O Centro Cívico acollerá a segunda quenda da semana todos os mércores ata o 30 de xuño mantendo o mesmo esquema horario.

Para inscribirse en calquera das dúas actividades cómpre chamar ao Departamento de Servizos Sociais no 981 72 02 80.

Comentarios