luns. 02.12.2024
El tiempo

O BNG de Bergantiños, xa sen un concelleiro de EI de Malpica, prepara a folga

O BNG de Bergantiños, xa sen un concelleiro de EI de Malpica, prepara a folga

Semana esta, unha máis, chea de movementos no seo do BNG. Coa excisión de Encontro Irmandiño e de +Galiza do Bloque, o nacionalismo galego vive momentos de tránsito. E a Costa da Morte non é unha excepción.

Hoxe, o concelleiro de Malpica, Francisco Xosé Gorín Moreira, anunciou a súa baixa no BNG e a súa decisión de continuar coa súa representación no concello. Pertencente ao Encontro Irmandiño de Bergantiños seguirá colaborando nunha unidade de acción coa outra concelleira do BNG ata a fin do mandato, pero xa como concelleiro non adscrito.

Podemos falar ademais da expulsión dos 3 edís do Concello de Cee que formaron a moción de censura e que xa son tamén, concelleiros non adscritos.

Campaña contra reforma

Entrementres o renovado BNG de Bergantiños comeza unha campaña contra a reforma laboral. O BNG repartirá un díptico informativo en todos os concellos da comarca, fará un acto público o día 21 en Carballo e apoiará as mobilizacións convocadas polo sindicalismo. O BNG de Bergantiños fai un chamamento á veciñanza da comarca para que a Folga Xeral convocada pola CIG para o día 29 de marzo sexa un éxito.

O Responsable Comarcal do BNG en Bergantiños, Xoán Manoel Sande, e a Responsable de Acción Social, Lucía Domínguez, presentaron a campaña, que inclúe repartos nos sete concellos dun díptico editado para explicar as consecuencias "nefastas" desta reforma laboral sobre os traballadores e as traballadoras, ademais da súa "inutilidade para crear emprego".
. O BNG estará presente nas principais feiras dominicais, en Paiosaco e Carballo, e tamén os sábados en Ponteceso e Malpica, e fará un acto público o día 21 de marzo no Pazo da Cultura de Carballo, ás 20:30 horas, que contará coa presenza do deputado no Parlamento Galego, Fernando Branco, e da Secretaria de Organización da CIG na Coruña, Dores Martínez.
Tamén presentará o BNG unha moción en todos os concellos, demandando o posicionamento das distintas Corporacións en contra desta reforma laboral.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do BNG de Bergantiños, e de Malpica.

Comentarios