O CEIP Milladoiro recibe outro Premio por Pintar Moito


Cando hai un traballo ben feito, soen chegar os recoñecementos. E por Malpica ben o saben. O CEIP Milladoiro vén de ser escollido para desenvolver o pioneiro proxecto Radio na Biblio, pero ademais vén de ser distinguido pola Consellería de Educación no IV Concurso de Traballo por Proxectos na categoría de centros.
O premio débese ao proxecto bianual Pintamos Moito, e vai máis aló que ao mero recoñecemento pois serve para refrendar un xeito de entender educación.
Un premio que ademais serve para visibilizar e poñer en valor o traballo das escolas rurais, ás veces tan pouco recoñecidas. Podemos ter a seguridade de que os nosos fillos e fillas están a recibir a mellor das educacións posibles, e así o refrenda o feito de que o Milladoiro está entre os 21 máis selectos de Galicia.
Pintamos Moito demostra que o potencial creativo dos nosos pequenos depende da estimulación, e aí está un grupo de mestres comprometidos como gañas de desenvolver proxectos artísticos.
Aquí queda unha mostra do proxecto:
Novas relacionadas
- Novembro 17: O CEIP Milladoiro de Malpica ten novo comedor.
- A Biblioteca do CEIP Milladoiro entre as 6 bibliotecas escolares da Costa da Morte, escollidas para o proxecto Radio na Biblio.
Fontez
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).