![reumatoloxia malpica]()
O vindeiro día 20 de outubro chegará a Malpica a campaña “Polos teus ósos”, unha iniciativa da Liga Reumatolóxica Galega que conta coa certificación de campaña de interese socio-sanitario por parte da consellería de Sanidade. O reumatólogo Carlos Fernández, do Chuac; a psicóloga María López García e a terapeuta ocupacional Lucía Fernández Caamaño, ámbalas dúas da Liga Reumatolóxica Galega,
falarán ás 19 horas, no centro Cívico, sobre artrite, artrose, espondilite, lupus, fibromialxia, lupus e osteoporose. A Liga Reumatolóxica Galega lembra que o 40 % da poboación galega sofre algunha destas patoloxías, de aí a importancia destas campañas de información e prevención.
A campaña “Polos teus ósos” enmárcase en Malpica dentro do
programa de Envellecemento Activo promovido pola concellería de Servizos Sociais e subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, aínda que a sesión formativa do día 20 está aberta a toda a poboación.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Malpica