![O concello de Malpica esta levando a cabo un plan de posta a punto da rede viaria municipal]()
O concello de Malpica esta levando a cabo un plan de posta a punto da rede viaria municipal
Distintos tramos da estradas
Carballo- Malpica (AC-414); AC-422, en Buño; e elementos auxiliares da AC-418 pasarán a ser titularidade do concello de Malpica. Así o publicou onte a consellería de Infraestruturas e Vivenda no Diario Oficial de Galicia - DOG -.
Concretamente trátase de tres treitos da estrada AC-414, situados entre os quilómetros 7,180 e 9,190, cunha lonxitude de 2,01 km; 11,220 e 12,390, cunha lonxitude de 1,17 km; 13,490 e 14,730, cunha lonxitude de 1,24 km. Tamén pasará a ser titularidade do concello de Malpica o treito da estrada AC-422 situado entre os 0,000 e 0+840, cunha lonxitude de 0,84 km; un resto antigo, situado entre o 1,610 da AC-422 e o 1,930 da AC-419, dos elementos auxiliares da estrada AC-418 (zona delimitada entre a liña exterior cunha lonxitude de 0,50 quilómetros de delimitación da calzada e o límite do dominio público), situados entre os quilómetros 15,120 e 16,350.
Este cambio de titularidade tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberá ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas. O cambio de titularidade é efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia; é dicir, a partir de hoxe e a entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.
Obrigas
Corresponderanlle ao concello de Malpica de Bergantiños, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de
xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular das estradas.
Melloras
Por outra parte, o concello de Malpica está levando a cabo dende o mes de xuño un traballo de posta a punto da rede viaria municipal. Realizaronse desbroces na zonda de santo Hadrián, tal e como se pode apreciar na imaxe, Sorrío, Seaia, San Antonio, Beo, Barizo, Pontella, Santiso, Buño, Cambre, Leiloio, Brión e Cerqueda, así coma nos accesos ás praias.
Estes días os tractores traballan en Mens e continuarán nas vindeiras semanas ata completar todo o territorio municipal, dando prioridade ás zonas turísticas e ás parroquias que celebran as súas festas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- DOG