mércores. 07.05.2025
El tiempo

O concello de Malpica busca un técnico de turismo

O concello de Malpica busca un técnico de turismo
centro civico malpica Desempeñará as funcións de información turística no centro Cívico de Malpica O concello de Malpica inicia o proceso para a contratación urxente dun técnico ou dunha técnica de Turismo baixo a modalidade de contrato laboral temporal, así coma para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación de técnicos e técnicas de Turismo. O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal - de catro meses de duración -, a tempo completo, baixo a modalidade de contrato temporal de 1 técnico/a turismo. As funcións e tarefas a desempeñar serán as de Información Turística nas instalacións do centro Cívico de Malpica, co fin de dar a coñecer a oferta turística do concello de Malpica de Bergantiños e o seu entorno, nos términos do Programa de subvencións dirixido a concellos e agrupacións de concellos da Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar gasto de persoal das oficinas de turismo (BOP nº. 89 do 11 de maio de 2016), así como a Resolución pola que se aproba a concesión definitiva do programa anterior (DP0029), publicado no BOP nº 149, do 08.08.2016 e a Resolución de modificación das Bases específicas de ampliación de prazos publicado no BOP nº 222, do 23 de novembro de 2016. A modalidade contractual será a dun contrato laboral temporal de duración determinada, por obra ou servizo determinado, e a súa duración será desde a súa sinatura ata o 30 de abril de 2017. A persoa contratada estará obrigada a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interese do servizo, de acordo coa lexislación aplicable e as instrucións ditadas pola alcaldía. As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias). Os interesados en participar no proceso de selección poden obter máis información na páxina web municipal. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica

Comentarios