![A Malpica 2 dispon dun equipo de GPS sonda ploter 92sv]()
A "Malpica 2" dispón dun equipo de GPS sonda ploter 92sv
O concello de Malpica acaba de completar o equipamento da nova
embarcación de salvamento "Malpica 2" entregada o pasado mes de febreiro pola Xunta dentro do seu plan de mellora dos medios materiais que dispoñen os servizos de Protección Civil de Galicia. Aembarcación pneumática de salvamento e rescate, de cinco metros de eslora, dispón agora dun completo equipamento tal e como o puideron comprobar o alcalde, Eduardo Parga; o concelleiro de Seguridade, Miguel Fernández, e o coordinador de Protección Civil, Ivan Muíño.
O concello de Malpica instalou na nova embarcación un equipo de GPS sonda ploter 92sv, sistema VHF con megáfono, altofalantes e antena; focos led e luz xiratoria de emerxencia co correspondente panel de control. A lancha está rexistrada na 8º lista coa matrícula CO-2-1-16.
En canto a medios destinados ao salvamento no mar, o servizo conta agora con dúas embarcacións, tubos de rescate, boias torpedo, un taboleiro espiñal para a inmobilización de posibles lesións medulares, un desfibrilador e un taboleiro de rescate innovador, xa que ao ser inchable é máis lixeiro e polas súas dimensións permite realizar vixilancias dinámicas pola praia durante a época estival. Precisamente nos vindeiros días terán lugar as probas de selección dos seis socorristas que desenvolverán o seu labor na praia de Area Maior a partir do 18 de xuño.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Malpica