Domingo. 08.09.2024
El tiempo

O concello de Malpica organiza unha excursión a Ribadavia

O concello de Malpica organiza unha excursión a Ribadavia
viaxe-ribadavia-malpica A concellería de Servizos Sociais de Malpica organiza unha excursión a Ribadavia coincidindo coa presentación de “Lembranzas de Malpica” na localidade ourensá, prevista para o día 26 deste mes. As persoas participantes viaxarán acompañadas polo alcalde, EduardoParga Veiga; a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, e os encargados da recompilación de artigos de Xosé González Reyes que integran o libro. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, no centro Cívico, ata o día 23. A viaxe é de balde. Os participantes só abonarán os gastos da comida, que non superarán os 20 euros.  Ademais de asistir á presentación do libro, os veciños e veciñas de Malpica terán a ocasión degozar dunha xornada cultural e de ocio na capital do Ribeiro. Programa A saída está prevista para as 8:30 horas para chegar ao destino ás 11:30 horas. Despois dunha visita guiada polo casco vello de Ribadavia, os excursionistas asistirán á presentación de "Lembranzas de Malpica" de Xosé González Reyes na igrexa da Madalena. ás 14:30 horas degustaráse un xantar a base de pratos típico da comarca do Ribeiro. E despois da visita a unha bodega iniciarase a viaxe de regreso. Fonte

Comentarios