O Concello de Malpica prepara o Nadal da man das Asociacións

06:31 05/12/16

Que importante é contar co pobo para as celebracións. Parece que en Malpica o movemento asociativo está cada vez máis vivo, e así, a Concellería de Educación, Cultura e Turismo está a traballar conxuntamente na programación do Nadal co obxectivo de que as actividades cheguen a todas as parroquias e a todos os públicos.
Con esta intención celebrouse a primeira xuntanza para perfilar as actividades que se levarán a cabo e a organización da cabalgata de Reis. Na reunión, presidida pola concelleira Noelia Freijeiro, participaron representantes de boa parte das asociacións do municipio e o técnico de Educación, Cultura e Turismo, Antón Noceda. A programación pecharase nas vindeiras semanas coas achegas de todas as entidades.
Fonte
- Concello de Malpica.