Xoves. 19.09.2024
El tiempo

O dique de Malpica estará listo nas vindeiras semanas

O dique de Malpica estará listo nas vindeiras semanas
O temporal Cristina arrasou co espigon de Malpica-Foto-David Castro

Nada sabemos do de Laxe, pero o de Malpica xa está case listo. Os traballos de recuperación do dique de abrigo de peirao de Malpica, despois da desfeita do temporal Cristina, están moi avanzadas.

Onte, Portos anunciaba que prevé rematar nas vindeiras semanas as obras, que contan cun orzamento de máis de 700.000 euros e que están a permitir a reposición dos bloques desprendidos da estrutura a causa dos temporais do pasado inverno.

En concreto, o temporal de mar de fondo do pasado mes de xaneiro provocou a perda destas pezas de protección do interior e o exterior do dique na súa zona final. Asi mesmo, rompeu o copro superior do espaldón e provocou o corregento de bloques e erosión do pavimento do martelo do abrigo. Finalmente, perdeuse parte da escollera, deterioráronse as placas de hormigón armado da zona estancial do sur do porto e erosionáronse as varandas de contención.

As obras que darán comezo o pasado mes de xullo tiñan por obxecto principal o reforzo mediante bloques de hormigón de 150 e 30 toneladas, para o exterior e o interior do dique respectivamente, así como a reconstrucción do parapeto, a reposición da escollera, a reparación do martelo e a recolocación das placas de formigón do sur do porto e as varandas. O importe total dos traballos será de 704.000 euros, IVE incluído e o prazo de execución previsto era de cinco meses, aínda que se prevé que poida recortarse.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios