O Fútbol da Costa ponse reivindicativo

Emotivas as estampas que se viviron esta pasada fin de semana en varios campos do fútbol da bisbarra. Unha nova demostración de que o Fútbol da Costa trascende do deporte, e é un auténtico axente sociai.
Por Alcoa no Cairo

O campo cormelán do Cairo, como acontencía a semana pasada no Pino do Val (Mazaricos), acollía un intenso derbi entre Corme e Ponteceso. Pero o partido comezaba coa exposición dunha pancarta de apoio aos traballadores de Alcoa que pedía “Estabilidade enerxética XA. Futuro para a industria”.
Unha clara demostración da impotancia que tamén tería o peche da fábrica herculina, onde traballan ducias de persoas de zonas como Laxe, Cee, Corme, Mazaricos…
Por un servizo de pediatría en Zas

Paralamente, o campo baiés do Platas Reinoso, os equipos saíron coa pancarta da Plataforma “Zas sen recortes en Pediatría”. Pola mañá era os veteranos de Baio e Malpica e pola tarde o equipo modesto de 1ª Galicia do CD Baio, os que demostraban o seu apoio a todas as familias.
A coordinadora da Plataforma vén ademais de convocar unha reunión para o próximo venres 9 de novembro ás 21.30 no centro sociocultural de Zas, aberta a toda a veciñanza do Concello.
