mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Noitebús volve a Ponteceso da man dos locais de marcha

O Noitebús volve a Ponteceso da man dos locais de marcha

Os locais de marcha da vila de Ponteceso veñen de abrir o servizo PontenBus. Un servizo de transporte nocturno que recupera o que facía o Noitebús, e que a Xunta, argumentando o momento de crise, vén de suprimir poñendo en perigo a vida de milleiros de mozos de todo o país.

Se vimos como por exemplo en Muros era o propio Concello o que habilitaba novas rutas para días escollidos coma o Entroido, desta volta son os hostaleiros da zona os que se poñen mans á obra. Así, o grupo de locais de Ponte en Fiesta abren dende este sábado 2 de abril o servizo de transporte de lecer nocturno Pontenbus, con liñas dende Corme, Malpica e Camariñas (pasando por Vimianzo, Baio e Laxe).

As rutas serán as seguintes:

RUTA 1 - Camariñas - Ponteceso

  • 23:30-CAMARIÑAS (puerto).
  • 23:40-PONTE DO PORTO (certro de salud).
  • 23:55-VIMIANZO (trente iglesia).
  • 00:05-BAIO (bar O Cruce).
  • 00:20-LAXE (O Salvavidas).
  • 00:30-CANDUAS (O Empalme).
  • 00:40-PONTECESO.

Ruta 2 - Corme - Ponteceso

  • 00:00-CORME (bar Lista).
  • 00:15-BRANTUAS (panadería).
  • 00:30-CAMPARA (supermercado Rama).
  • 00:45-PONTECESO.

Ruta 3 - Malpica - Ponteceso

  • 00:00-MALPICA (Caixa Galicia).
  • 00:05-MALPICA (bar O Cruce).
  • 00:15-CERQUEDA (supermercado Ordoño).
  • 00:25-BUÑO (bar O Tramo).
  • 00:35-PAZOS (bar Paula).
  • 00:45-PONTECESO.

Cada billete inclúe: viaje de ida e vuelta + 1 Consumición nun dos locais colaboradores. Prezo: 9 €.

El regreso será a las 6:30.

E non se poden levar bedidas alcohólicas no autobús.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios