sábado. 15.03.2025
El tiempo

O novo Paseo Marítimo de Malpica estará listo antes do 30 de xuño

O novo Paseo Marítimo de Malpica estará listo antes do 30 de xuño
Lousas de pedra para o paseo de Malpica

Temporada de obras en Malpica. Se a semana pasada comezaban as obras da EDAR, polo lado contrario da vila, continúan en marcha as necesarias obras do Paseo Marítimo de Malpica. Unhas obras que chegan financiadas por Costas, como compensación polas desfeitas provocadas polos temporais este inverno.

En principio, as obras ían incluir só a parte centra do Paseo, a máis tocada polas ondas. Pero finalmente, a Concellería de Obras e Servizos xestionada por Miguel A. Fdez. Mirás conseguiu que as obras se ampliasen a todo o paseo, incluíndo a proposta no orzamento final.

Deste xeito, antes do 30 de xuño, o paseo malpicán estará completamente renovado, con estas lousas de pedra que substitúen aos lastros, que xa case tiñan 30 anos.

Estado das obras do Paseo de Malpica

Novas relacionadas

Comentarios