O PP de Muxía esixe que o concello se una ao programa de vixilancia e control da vespa velutina
08:05 24/08/17
A consellería de Medio Rural indica que no municipio muxián existen entre 26 e 100 niños de vespa velutina
Tras comprobar unha "importante presenza" da vespa velutina no municipio de Muxía, o Partido Popular local - encabezado por Sandra Vilela - presentou onte no rexistro municipal unha moción na que urxe ao executivo local a unirse como concello colaborador ao programa de Vixilancia e Control da Vespa Velutina posto en marcha pola Consellería de Medio Medio Rural da Xunta de Galicia. Precisamente esta institución indican que o número de niños desta especie detectados no municipio son entre 26 e 100.
“O feito de non estar integrado neste programa dificulta a eliminación desta praga e impide que os veciños poidan beneficiarse dun servizo gratuíto que pon ao dispor de todos os concellos a Xunta de Galicia”, afirmou Vilela. Neste sentido, a portavoz dos populares lembra que, na actualidade, son xa 42 os concellos da provincia da Coruña os que decidiron formar parte deste programa como municipios colaboradores e só 25 os que seguen dependendo da Consellería de Medio Rural.
“Está demostrado que a xestión directa por parte de cada concello axiliza a eliminación destes niños e evita esperas innecesarias para os veciños”, explicou Vilela, quen asegurou que non existe “ningún motivo de peso” que xustifique que o executivo local non aprobe a moción que o grupo popular levará ao próximo pleno municipal.
Novas relacionadas
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Galicia Confidencial: Alertan sobre os riscos da avespa autóctona galega por mor da asiática.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- PP de Muxía