O PSOE malpicán propón converter o parque industrial nun centro de transformación de produtos de pesca


da Deputación Valentín González Formoso
con Sergio García Villar, do PSOE de Malpica copia
Achegouse o portavoz municipal do PSdeG-PSOE, Sergio García Villar, ata a Deputación para manter unha reunión co presidente da entidade provincial, Valentín González Formoso, co fin de para explicarlle os plans desta formación política orientados a activar o solo industrial da localidade, actualmente en desuso, e facer do polígono “un centro de referencia na transfomación de produtos pesqueiros da Costa da Morte”.
“O noso obxectivo é dobre: por unha banda, pór en marcha o solo industrial existente para que xere emprego e actividade económica en Malpica, e por outra dar un novo impulso ao sector pesqueiro, que tradicionalmente ten sido o motor económico deste pobo”, afirmou Sergio García, que considerou necesario inciciar unha campaña de captación de empresas do sector primario ou agroalimentario que poidan ter interese en implantarse na localidade.