martes. 12.11.2024
El tiempo

Os Bolechas visitan a mostra da Olería de Buño

Os Bolechas visitan a mostra da Olería de Buño
Centos de nenos e nenas achegaron ata o recinto da Mostra da Oleria para recibir aos Bolechas Centos de nenos e nenas achegaronse onte ata o recinto da Mostra da Olería para recibir aos Bolechas En Buño continúan a tope coa Mostra da Olería e con todas as actividades programadas arredor do evento. Os protagonistas do día de onte foron os centos de nenos e nenas que se achegaron ata Buño para recibir a uns dos seus ídolos: Os Bolechas. Para os nenos e nenas foi un soño cumprido, e tamén para o concello de Malpica, que, como lembrou o alcalde, Eduardo Parga, levaba tempo intentando que os populares personaxes de Pepe Carreiro visitasen terras malpicás. Era tanta a expectación que na carpa da Mostra da Olería xuntáronse centos de nenas e nenos e outros tantos adultos, entre eles os concelleiros Marisol Blanco, Iago Espasandín e Miguel Fernández, que tampouco quixeron perder a ocasión de coñecer aos Bolechas. Ademais viñeron cun libro debaixo do brazo que leva por título “Os Bolechas visitan a Mostra da Olería”. A publicación, presentada onte e coa que foron agasallados todos os nenos e nenas presentes, fai un percorrido pola tradición artesá e por algúns dos principais atractivos turísticos do municipio de Malpica da man de Carmiña, unha pequena oleira que se converte en protagonista e fío condutor da historia. O libro seguirá dispoñible no stand que ten o concello de Malpica no Parque Luciano García Alén. Actividades para hoxe Hoxe os máis pequenos volverán a ser protagonistas, pola mañá - ás 11 horas - coa visita que farán tanto á Mostra da Olería coma ao Ecomuseo do Forno do Forte os nenos e nenas que participan no campamento urbano infantil que se leva a cabo este verán en Malpica, e pola tarde - ás 19 horas -coa actuación dos Monifates.  

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios