![Os pques de Malpica fixeron as suas propias piruletas na aula de Cocina]()
Os peques de Malpica fixeron as suas propias piruletas na aula de Cociña
Moi nivel temos nas nosas escolas. Así o corrobora a Consellería de Educación que vén de facer pública a resolución do III Concurso de Traballo por Proxectos, na que dous dos centros educativos da bisbarra foron premiados. O CPI Canosa Rus de Coristanco e o CEIP Milladoiro de Malpica recibiron sendos premios para seguir facendo das súas Bibliotecas un exemplo de dinamización.
![O alcalde de Malpica quixo felicitar aos pequenos conciñeiros do CEIP Milladoiro]()
O alcalde de Malpica quixo felicitar aos pequenos conciñeiros do CEIP Milladoiro
Na
Biblioteca do Milladoiro están orgullosísimos do seu Proxecto “Da Cociña á Mesa”, premiado na modalidade Proxectos de Investigación Xenéricos de ciclo/departamento.
Un proxecto que nacía en marzo da man das profesoras Marta Couto e Sandra Cao e que toda a comunidade educativa tomou como propio. Hoxe conta co
propio blog e xa é parte intrínseca do programa escolar.
Dende o CPI Canosa Rus, Coristanco, non paran de recibir premios. O ano pasado recibían un recoñecemento da Xunta polo seu proxecto
Rus entre Planetas, e este ano fixeron un xogo de palabras para aprender de xeito especial dos
DinosauRus, unha viaxe ao pasado, que xa arrincou o ano pasado e co que veñen de levar o premio ao Proxecto Documental coordinado pola Biblioteca Escolar no apartado Científico.
Xa dende o curso pasado
un museo espectacular:
Mirade, mirade, o que saben os cativos dun Estogosauro..
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).