Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Os concellos de Bergantiños prepáranse para a IV Festa da Lingua

Os concellos de Bergantiños prepáranse para a IV Festa da Lingua

Dá gusto ver como os concellos dunha comarca toman conciencia e organizan actos conxuntos. E máis os integrantes son de varias comarcas. Hoxe vemos como en Carballo comezan cos preparativos da IV Festa da Lingua, cita organizada pola Deputación na que participan, ademais do consistorio carballés, o de Cabana, Malpica, Ponteceso e Zas.

A cita, presentada onte coa participación do Deputado provincial Xoán Sande; o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e representantes dos servizos de normalización lingüística dos concellos de Cabana e Ponteceso, Xosé Manuel Varela, será o vindeiro sábado 7 de maio.

En Carballo, en galego

As anteriores citas tiveron lugar en A Coruña e Ames, e desta volta toca Carballo. Como non, o galego como principal protagonista, especialmente no mes dedicado ás Letras coa celebración do 17 de maio.

Cartel de luxo

stá prevista a actuación no Pazo da Cultura do grupo musical Marful, encabezado por Ugia Pedreira, e o teatral Berrobambán, con Paula Carballeira -distinguida o ano 2010 co galardón Xograr de Outono do FIOT- e Chiqui Pereira. A gala será presentada pola poetisa e comunicadora Yolanda Castaño e tamén inclúe a lectura dun manifesto titulado "A lingua preferida", do escritor carballés Xurxo Borrazás. No transcurso da IV Festa da Lingua será entregado, ademais, o II Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras, organizado pola Deputación; e o VII Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores, organizado polo Concello de Carballo.

A entrada será de balde mais débese recoller convite nos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos colaboradores ou reservar no teléfono 981 704 304, entre o 2 e o 6 de maio, en horario de 11.00 a 14.00 horas. Cada persoa pode recoller un máximo de 4 entradas. As reservas poderanse recoller no despacho de billetes do Auditorio do Pazo da Cultura o mesmo sábado 7 de 19.30 a 20.30 horas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios