Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preséntase a III edición do Certame OUff Escola que o ano pasado gañaron alumnos de Laxe

Preséntase a III edición do Certame OUff Escola que o ano pasado gañaron alumnos de Laxe

O certame de cine para escolares do Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUff Escola, presentou esta mañá a súa terceira edición. E traemos o Festival ata QPC logo de que o ano pasado foran uns alumnos da Costa os que venceran un premio no certame.

Concretamente foran os alumnos do CPI Cabo da Area de Laxe, os que, coa curta "Smóking pesadelo, levaran o Premio Blanco Amor ao mellor guión. Así, agardamos que o audiovisual costeiro siga demostrando que ten canteira e que sexan máis os colexios da bisbarra que presenten as súas propostas.

Este ano, de novo, OUff Escola persegue o dobre obxectivo de potenciar a lingua galega entre a mocidade ao tempo que a súa creatividade audiovisual.

Aquí vos deixamos con ese fanástico "Smóking Pesadelo" dos alumnos do CEIP Cabo da Area.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas audiovisuais

Vídeos de Galinus.tv

Os Flocos da Costa da Morte

Vídeos naturais de Francisco Santiago López

Fonte

Comentarios