domingo. 01.12.2024
El tiempo

Os escolares de Buño toman contacto coa olería

Os escolares de Buño toman contacto coa olería
Clausura dunha edición anterior de Pequeoleiros. Imaxe: ANPA Ceip Joaquín Rodríguez Otero Clausura dunha edición anterior de Pequeoleiros. Imaxe: ANPA Ceip Joaquín Rodríguez Otero Hoxe arranca unha nova edición de Pequeoleiros, o programa deseñado polo concello de Malpica, a través do ecomuseo do Forno do Forte, e a ANPA Xaviña, do colexio Joaquín Rodríguez Otero, para difundir a olería entre os escolares de Buño e conseguir que os nenos e nenas manteñan o contacto cunha tradición centenaria que é, ademais, un dos sinais de identidade e un importante recurso económico e turístico de Buño e de todo o concello. Pequeoleiros desenvolverase nas instalacións da Casa do Oleiro todos os mércores e xoves ata finais de abril, en horario de 16.50 a 17.50. O oleiro José Antonio Corral será o encargado de transmitir os segredos da olería aos once nenos e nenas de cinco a doce anos de idade que participarán na iniciativa, que rematará cunha exposición das pezas creadas polos escolares.

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios