Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os oleir@s de Buño amosan a súa unidade

Oleiros de Buno
Oleiros de Buno
Os oleir@s de Buño amosan a súa unidade

Novo episodio da polémica arredor da Olería de Buño. Despois de que o Concello de Malpica anunciase a celebración da Mostra da Olaría de Buño sen oleir@s locais, a Asociación de Olería de Malpica realizaba esta mañá de domingo 30 de xullo unha rolda de prensa na que expresaban a súa desazón para co grupo de goberno.

Expectación máxima no centro social da vila, cunha marea de apoios á entidade, que aplaudiron ás verbas do Rulo, o presidente dos oleir@s, que estivo moi arroupado polos artesáns da vila. Lembraron que a Olería de Buño é unha marca rexistrada pola Asociacion, e calificou a Mostra da Olaría (con "a") que vai organizar o Concello como "evento paralelo".

Tras cargar contra a decisión de organizar unha mostra sen a súa participación, e deixando claro que a Mostra de Olería non é o mesmo que unha simple verbena dunha aldea, expresaron a súa intención de poñerse a traballar para organizar, de xeito autónomo, a Mostra de 2024.

Publico no Centro Social de Buno
 

Asociacion de Oleria de Buño
Membros da Asociación de Oleria de Buño

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios