Os surfistas tamén limpan as praias de Malpica


Xa temos dado conta de novas como estas pola zona de Nemiña, onde os membros do Club de Surf Os Tombos teñen realizado limpezas das praias que deberían ter sido desenvoltas polas administracións. Iniciativas tan fantásticas como estas chegan esta fin de semana á Area Maior de Malpica, dende onde o campamento SilfoCamps e Surfrider Foundation, convoca esta primeira limpeza na entrada da primavera. A cita este sábado 2 de abril, con churrascada incluída no Submarino
Xa apuntamos que a Costa da Morte, como epicentro do surf da península ten que ofrecer a mellor cara a todos os visitantes. E niso están os compañeiros que viven a e da area e das olas.
Todo por coidar o medio ambiente e porque as praias queden relucentes de cara a esta primavera.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte, o epicentro do surf da península.
- Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
- O Clube de Surf Os Tombos deixou a praia de Nemiña ben limpa .
Máis novas
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Malpica convírtese no epicentro do surf do país.
- Unha curta de surf e Man.
- I Caldeirada Surf: O surf integrado en Malpica.
- Surfeando na praia de Soesto.
- O surf chega a Malpica .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).