Martes. 23.04.2024
El tiempo

Panxoliñas e pezas de música tradicionais na tarde de Nadal en Malpica

Foliada de Nadal Malpica 2
Panxoliñas e pezas de música tradicionais na tarde de Nadal en Malpica

Fantástica tarde a que se viviu o pasado sábado de Nadal en Malpica coa primeira Foliada de Cantos, na que participaron as tres asociacións culturais da localidade e moita máis xente que se uniu logo. Organizou a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración coas entidades ACD Carcaxía, AC Raigañas e AC Malante.

Foron moitas as panxoliñas e pezas de música tradicionais que se interpretaron no centro da vila por cantadores de todas as idades, e houbo unha decoración especial e unha carpa posta para a ocasión, aínda que máis tarde a festa estendeuse polos bares do pobo.

Comentarios