Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Os pequedebuxantes de Malpica e Buño

Pequedebuxantes de Malpica
Os pequedebuxantes de Malpica e Buño

O Centro Cívico de Malpica acolleu a entrega de diplomas e a inauguración da exposición do obradoiro de Arte Infantil do curso 2023/2024. Esta actividade contou coa participación de cincuenta alumnos e alumnas de Malpica e Buño. Os profesores, os oleiros María Canedo e Eloy Mancebo, foron os encargados de impartir o obradoiro, guiando e motivando ao alumnado.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, felicitou a todos os participantes polo gran nivel amosado nas obras expostas. “É un orgullo ver o talento e a creatividade dos nosos nenos e nenas reflectidos nestas 50 obras que conforman a mostra”, destacou.

A exposición permanecerá aberta ao público ata finais de xuño no Centro Cívico.

Comentarios