Venres. 29.03.2024
El tiempo

O pleno malpicá aproba a creación do centro de día na Casa do Oleiro de Buño

Pleno Malpica
O pleno malpicá aproba a creación do centro de día na Casa do Oleiro de Buño

Hai dous anos que a Xunta aprobara apoiar creación dun centro de día en Malpica. Un Centro de Día que sería de titularidade municipal, para o que a Xunta aportaría a metade da posta en marcha. Despois das obras do pasado realizadas o pasado ano na Casa do Oleiro de Buño, o pleno deste venres vén de ratificar a creación dese demandado Centro de Día.

A corporación ao completo aprobou o investimento de 272.170 euros, cofinanciados coa Xunta, para adecuar o edificio, e que poida albergar 20 maiores. Será o Concello o responsable do seu funcionamento e do mantemento.

Pacto poloclima

No pleno tamén se debateu a adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, que contou co respaldo da totalidade da corporación municipal. Segundo este plan, o Concello de Malpica comprométese a reducir as emisións de CO2 no seu termo municipal nun 40%. Co axuda das administración (e un investimento de case 300.000€), o proxecto comezará pola elaboración dun Inventario de emisións.

Moción pola Confraría de Pescadores

A corporación de Malpica aprobou unha moción para apoiar as demandas do sector da pesca artesanal que onte saíron en folga. O alcalde, Walter Pardo, sinalou respecto a esta moción “o complicado de instalar mecanismos para controlar a pesca sobre todo en condicións climatolóxicas adversas. Instalar cámaras para controlar a cuota é unha locura para as embarcacións”, sentenciou.

Moción do PP para instalar ventanas na Escola de Barizo

O Partido Popular de Malpica presentou unha moción para instalar ventanas na Escola de Barizo, proxecto no que xa estaba a traballar o goberno local logo de oito anos de completa desatención. Os grupos socialista, popular e nacionalista votaron a favor, namentres que o representante do grupo non adscrito, Alfredo Cañizo, votou en contra da moción.

Novas relacionadas

Comentarios