Martes. 19.03.2024
El tiempo

Preguntan pola licenza das obras dunha radio nunha caseta no alto do Monte Neme

Caseta abandonada no Monte Neme
Imaxes da caseta, abandonada en outubro do 22; nun momento destas pasadas semanas durante as obras realizadas sen permiso; e o estado actual
Preguntan pola licenza das obras dunha radio nunha caseta no alto do Monte Neme

No alto do Monte Neme, existe unha pequena construción construída hai 35 anos nun espazo que pertence á Comunidade de Montes de Leiloio. Unha atrocidade urbanística erguida en plena zona natural que levaba anos abandonada. Pero nas últimas datas, varios veciños que adoitan pasear pola zona viron movementos estranos, pequenas obras realizadas en horarios estranos (no anoitecer).

A situación é que hai uns meses a Comunidade alugaba o galpón a un empresario radiofónico, que durante estas semanas se dedicou a instalar unha antena radiofónica. Pero a realidade é que realizou as obras sen pedir permiso algún no Concello e sen confirmar que efectivamente teñen licenza para emitir a través da FM na zona.

Así, malia que exista un contrato de aluguer coa comunidade de montes, iso non autoriza a prescindir do resto da documentación necesaria para levar a cabo obras ou instalacións no lugar.

Ante esta situación o Concello de Malpica enviou á Policía Local en varias ocasións pero non atoparon nada, e non teñen disponibilidade para facer unha vixilancia.

Amigos en defensa do Monte, consideran que “poñer en servizo unha instación sen a correspondente licenza e sen peche perimetral obrigatorio tamén equivale a un risco potencial hacia terceiras persoas, máis se cabe, neste lugar bastante concurrido incluso por nenos e deportistas”.

Comentarios