Domingo. 16.06.2024
El tiempo

Presentan alegacións contra a rotonda do CEIP Milladoiro

Lugar da rotonda de Malpica
Lugar da rotonda de Malpica
Presentan alegacións contra a rotonda do CEIP Milladoiro

Está en proceso de exposición pública o proxecto da rotonda da entrada de Malpica, na AC-418. Unha rotonda desenvolta pola Xunta para dar solución ao problema de seguridade que había na baixada, pois os coches adoitaban coller moita velocidade. Así, a rotonda dará acceso ao CEIP Milladoiro, ao centro cívico, á rúa Canido,e ao novo centro médico que se vai instalar. A veciñanza pode achegarse ao Concello e presentar as súas alegacións, tal e como vén de facer Walter Pardo.

O voceiro socialista local Walter Pardo presentou por rexistro diversas alegacións ao proxecto, que “provocará que a pendente do acceso ao colexio público aumente ata o 20,70%”. “A cativada terá que circular por una beirarrúa cun ancho de tan só 1,25 metros, incumprindo de novo a normativa, que fixa un ancho mínimo, xa de por si escaso para esta situación, de 1,80”, engade.

Para pardo, “non só empeora a accesibilidade, senón tamén a seguridade da cativada”, lamenta, e critica que "non se contemplan tampouco alternativas para que os pais e nais poidan deixar aos seus fillos e fillas en coche particular”.
Por estas razóns, o PSdeG de Malpica solicita “a reelaboración do proxecto, cun estudo de alternativas noutras ubicacións e sempre tendo en conta tanto os accesos ao CEIP Milladoiro como as manobras dos autobuses e os coches particulares para o embarque e desembarque do alumnado”.

Pola súa parte, o rexedor “non cre que a Xunta incumpra a normativa, pero en calquera caso transmitiremos todas as alegacións e queixas.

Máis novas

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/malpica/asi-son-prazos-nova-rotonda-malpica-que-custara-325000E/20240423093358154250.html

Comentarios