Xoves. 12.09.2024
El tiempo

O proxecto Espazos Sonoros fará parada en Mens

Torres-de-Mens-Foto-Forega
Unha ocasión para entrar na fortaleza privada das Torres de Mens-Foto-Forega
O proxecto Espazos Sonoros fará parada en Mens

O proxecto Espazos Sonoros, promovido pola área de Cultura da Deputación pasará pola a igrexa de Santiago e as Torres de Mens, en Malpica. Entre o 1 e o 28 de setembro, o ciclo percorrerá lugares singulares da provincia creando un diálogo entre a música e o patrimonio.

O cartel deste ano combina, como vén sendo habitual, proxectos de experimentadas formacións galegas con figuras convidadas do máis alto nivel internacional. Así, poderase escoitar en concerto unha das formacións máis prestixiosas do mundo da música antiga, o conxunto La Grande Chapelle, dirixido por Albert Recasens, o Ensemble Phaedrus, de frautas travesas, dirixido por Mara Winter, o grupo das Kolorit, do que forma parte a galega Rosalía Gómez Lasheras, ou os galegos La Moresca e o Concert Le Phénix. Pechará a edición o cuarteto de saxofóns asLan ensemBle, do que forma parte a galega Helena Otero cun concerto participativo no que será interpretada unha obra de Salvatore Sciarrino, para cuarteto de saxofóns e cen saxos en movemento.

A cita malpicá será o domingo 8 de setembro, co concerto na Igrexa de Santiago de Mens do grupo Ensemble Phaedrus, ás 18:00h; con previa visita patrimonial ás Torres do Allo da man do experto Héitor Picallo.

Os concertos son de balde e a entrada libre até completar a capacidade, pero é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas a través do correo [email protected].

espazos sonoros mens malpica

Comentarios