O PSOE malpicán critica o novo suplemento de crédito

Aprobou no pasado pleno o goberno popular de Malpica un novo suplemento de crédito de 500.000 € para pagar facturas de traballos ou servicios do exercicio do 2024. Fíxoo cos votos a favor dos edís do PP e a abstención dos do BNG, e cos votos en contra de PSOE.
Unha situación que critica o Grupo Municipal Socialista, que critica a xestión económica do goberno, e denuncia que "o propio señor Parga confirmou que remataron cos aforros que había, deixámoslles 3 millóns de euros de remanente e agora están levando o municipio á ruína".
Pardo ten tamén críticas para o grupo co que compartiu goberno na pasada lexislatura. “O BNG optou pola abstención, un voto que sigue autorizando a xestión do Partido Popular”. “O BNG sigue exercendo de muleta necesaria para que estas políticas leven, máis cedo que tarde, á intervención estatal do Concello, son cómplices da forma de goberno do PP”, engaden.
Pardo lamenta que “non hai unha mínima autocrítica a súa xestión, pero os informes de intervención son demoledores, pois desde hai xa meses e anos veñen denunciando a xestión de este grupo de Goberno”.