Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PSOE Provincial critica a “moción da vergonza” que se celebrará mañá en Malpica

Malpica 2
O PSOE Provincial critica a “moción da vergonza” que se celebrará mañá en Malpica

Este venres 3 de setembro será a moción de censura de Malpica. Unha situación ante á que o PSOE provincial quere amosar o seu respaldo ao alcalde saínte, Walter Pardo, ao tempo que ataca aos promotores da moción. Nunha rolda de prensa celebrada onte, José Manuel Lage, secretario de Organización do PSOE provincial, cargou contra o “Partido Popular que regresa ao pasado e ás peores prácticas que hai na política”, para sacar adiante “a moción da vergonza cunha escusa ridícula, en dous anos non fixeron nin unha soa proposta en positivo”.

“En nome da dirección provincial, quero deixar claro o noso respaldo firme e pechado a Walter Pardo e a todo o seu equipo de goberno; hai dous anos os socialistas afrontamos unha renovación en Malpica conformando un equipo que fixo un gran traballo e combina xuventude, experiencia e ilusión”, asegurou Lage Tuñas. “Trátase dun paso atrás para o pobo de Malpica, unha maniobra de asalto ao poder con fins e obxectivos ocultos a través dun acto de tapadillo”.

Tuñas considera ademais que “o PP non respecta a decisión do pobo de Malpica e utiliza a Alfredo Cañizo como unha marioneta para defender non se sabe que intereses”.

Por último, interviu tamén José Antonio Viña, coordinador comarcal: “Unha pésima noticia para o pobo de Malpica, porque volve o grupo de goberno que tivo Malpica paralizada durante oito anos, nos próximos meses regresarán a inacción e os líos internos, ocupar o poder para non facer nada”.

Novas relacionadas

Comentarios