Martes. 16.04.2024
El tiempo

Walter Pardo carga contra Cañizo trala súa dimisión

O Concello anuncia que Casa do Oleiro de Buño será un centro de día antes de que remate o ano
Walter Pardo e Alfredo Canizo no pleno de investidura do Concello de Malpica copia
Walter Pardo e Alfredo Canizo no pleno de investidura do Concello de Malpica tralas eleccións de 2019
Walter Pardo carga contra Cañizo trala súa dimisión

O terremoto político provocado pola dimisión do edil Alfredo Cañizo do grupo de goberno, xa ten ten resposta por parte do alcalde Walter Pardo.

”Queda absolutamente claro que a intención do concelleiro non adscrito non se corresponde co obxectivo de buscar o ben da veciñanza malpicá, senón que máis ben responde ao seu interese particular. O único que está a facilitar desde xa é o atranco político e a demora na acción municipal que pide a cidadanía”, lamenta o rexedor socialista.

Afirma que “desde a conformación do goberno local, o grupo socialista tratou por todos os medios de facilitar a comunicación tanto cos membros do Bloque Nacionalista Galego no Concello como co concelleiro non adscrito. A actitude deste último ao longo destes anos foi, como ben sabe a propia veciñanza e as persoas que forman parte da corporación municipal, unha problemática á hora de sacar adiante acordos e mesmo executar proxectos que contaban co visto bo do resto do pleno”.
Considera que sempre se “tiveron en consideración, sen excepción, todas as propostas” e que “o diálogo” estivo sempre presente.

E Pardo tamén lanza dardos congtra o edi expulsado no seu día por Ciudadanos. “Non aceptei nin aceptarei xamais que un compoñente do goberno local que presido actúe por libre para favorecer a determinadas persoas, queréndose escapar das normativas dos procedementos administrativos legais”.

O socialista valora con “satisfacción estes máis de dous anos de goberno, e asegura que “seguiremos traballando polo ben de todas as familias ás que representa este equipo de goberno.

Centro de Día

SinaturaCasaOleiro

A polémica coincide coa sinatura do contrato das obras de reforma da Casa do Oleiro de Buño nun centro de día, gracias aos 272.000€ de investimento por parte da Xunta. Unha sinatura que permitirá cubrir unha demanda histórica da veciñanza antes de que remate o 2020.

Novas relacionadas

Comentarios