![curso-actualizacion-comercial-malpica]()
O curso de actualización comercial está composto por tres módulos que se impartirán ata o día 23
Quince empresarias e/ou traballadoras do sector do comercio participan no c
urso de actualización Comercial organizado polo concello de Malpica, a través da concellería de Promoción Económica, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Nesta acción formativa, que se desenvolverá ata o día 23, as persoas asistentes recibirán as claves para
mellorar a súa estratexia comercial e actualizar os seus negocios.
O curso está composto por tres módulos. O primeiro, destinado á propia tenda - distribución do mobiliario, implantación do produto e imaxe de marca -; o segundo, ao escaparatismo - realización de escaparates: montaxe, elementos decorativos e color -, e o terceiro módulo está dirixido á clientela - como fidelizar e captar novos clientes, debilidades e fortalezas da nosa tenda e como actualizala -.
A formación impártese de luns a xoves, de 20:30 a 22:30 horas, no centro Cívico de Malpica. O obxectivo é que a aprendizaxe poida
poñerse en práctica na próxima campaña de Nadal, xa que o curso inclúe unha parte de formación teórica e outra práctica, de escaparatismo, que selevará a cabo na propia tenda. Ao remate entregarase un diploma de asistencia.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Malpica