O Quinteiro artella unha nova andaina para coñecer o patrimonio de Buño
10:06 24/09/24
Volve a A.S.C.V. O Quinteiro artellar unha nova actividade que marida natureza e patrimonio, ao tempo que fomenta os hábitos de vida saudables. A entidade propón a I Andaina Deportiva O Quinteiro de Buño”, facendo unha ruta o vindeiro sábado 5 de outubro, duns 16km pola zona.
A saída será do Parque García Alén, no corazón da capital oleira, e subirá ata o Monte Neme, baixará por Santa Mariña ata a praia das Torradas e volverá de novo ao parque pola Xesteira.
Poden inscribirse no 663 605 205 ou en [email protected].