Buño estrea O Quinteiro, a nova Asociación de Veciños

Este sábado 24 de febrero, tivo lugar no TeleClube de Buño o acto de presentación da Asociación de Veciños e Sociocultural O Quinteiro de Buño. Numerosos veciños e veciñas non se perderon a estrea desta entidade que nace con esa premisa de convertirse nese espazo de reunión de casas, de familias, que representa un "quinteiro".
A entidade, presidida por Begoña Castro Souto, nace cun doble obxectivo: promover o asociacionismo do pobo oleiro coa finalidade de representar os seus intereses ante as administracións públicas, ademais da posta en valor deste territorio e a promoción de actividades encamiñadas a dinamizar a vida social e cultural do pobo.
O Teleclube parte como local social, mais dende a entidade son conscientes da necesidade de que Concello e Igrexa cheguen a un acordo para afrontar unha rehabilitación, pois o edificio está moi cativo.
A xunta directiva, formada ademais de por Begoña, por Pablo García Caaamaño (Vice), Miguel Varela Romay (Secretario), Juan Carlos Penedo Loureiro (Tesoureiro), ademais dos Abel Gómez Varela, Cristina Becerra e Carmen Manuela Otero Pereira como vogais, quedou profundamente satisfeita coa boa acollida da asociación entre os veciños e veciñas, atendendo á alta asistencia ao acto e ao número de socios inscritos nesta xornada.
A entidade invitan á veciñanza a sumarse ao proxecto, e podes contactar con calquera membro da directiva ou a través do correo avscoquinteirobuno@gmail.com.
MÁIS NOVAS
- Supercopa: Unha experiencia que vale unha carreira.
CRÓNICAS DA PREFERENTE
- X.20: Un punto que voa no desconto.
- X.19: O Sofán volve ao refuxio do Carral:
- X.18: A SD volve sen premio do Monte.
- X.17: O Sofán comeza o 2024 na 2ª praza.
- X.16: O Sofán despide o 2023 na 4ª praza.
- X.15: Resaca triunfal do Sofán.
- X.14: O Sofán quenta o asalto a Balaídos cunha vitoria ante a súa afección.
- X.13: Marcos Montero revoluciona á SD.
- X.12: O Sofán perde, nun saque de banda, dous puntos ante o potente Boiro.
- X.11: Empate ante o pechacancelas.
- X.10: A SD recupera a senda da vitoria.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Empate que sabe a pouco na casa.
- X.7: Freo á marcha positiva do Sofán.
- X.6: Segunda vitoria seguida para o Sofán.
- X.5: Importante primeira vitoria da SD Sofán.
- X.4: Accidentada derrota da SD en Noia.
- X.3: Segundo 3-3 na casa
- X.2: O Sofán mereceu máis no Municipal de Gallamonde.
- X.1: O Sofán arrincou a temporada no Carral.
MÁIS NOVAS
MÁIS INFO