xoves. 01.05.2025
El tiempo

Reclaman a mellora da seguridade na estrada que une Carballo e Buño

Reclaman a mellora da seguridade na estrada que une Carballo e Buño
xoane O grupo socialista critica o "parcheo" realizado recentemente no lugar de Xoane O grupo socialista, a través da deputada Loli Toja, acaba de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao goberno galego que resolva "de maneira urxente" os problemas de seguridade da estada AC-418 que une Carballo e Buño, nomeadamente no último tramo, dende a localidade de Xoane. Toja advirte que a situación precaria desta vía, que soporta un elevado tránsito de vehículos, tradúcese nunha alta siniestralidade "á que o Goberno galego respondeu cun parcheo que, lonxe de resolver, provocou que a situación se agravase, xa que as reparacións provocan deslizamentos nos vehículos”. Toja leva ao Parlamento as queixas dos veciños e veciñas da comarca diante desta actuación “chapuceira” do goberno galego, que “está a poñer en perigo a seguridade dos usuarios e usuarias da vía”. Por iso esixe “medidas inmediatas, adoptando unha solución integral que dote de piso uniforme que evite os desniveis, así como os problemas de seguridade que están a ocasionar”. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • PSdeG

Comentarios