Rouban os aros salvavidas de varias praias de Malpica
08:05 03/08/16
Nas últimas semanas o concello malpicán repuxo aros salvavidas e cordas en varias praias do municipio
Son frecuentes as escenas que deixan a falta de civismo ao longo e ancho da Costa da Morte. O último deles, que se repite ano tras ano, é o roubo dos aros salvavidas no concello de Malpica pese as reiteradas chamadas á responsabilidade que realizan tanto o goberno local como a agrupación de voluntarios de Protección Civil mediante os carteis informativos nos que se advirte da inexistencia de servizo de salvamento e de que, polo tanto, é especialmente importante que os aros salvavidas se atopen nas debidas condicións para poder ser utilizados en caso de necesidade.
Pero este tipo de chamamentos non sempre acada a resposta pretendida. De feito, nas últimas semanas o concello de Malpica tivo que volver a colocar, como ocorreu en Barizo, o aro salvavidas e a corda, que estaban tirados, ou repoñelos onde foran roubados, como sucedeu en Beo e, a pasada noite, na praia das Torradas, onde tanto o aro como os 200 metros de corda roubados foron repostos pola agrupación de voluntarios de Protección Civil.
O concello fai un chamamento ao sentido comun e ao civismo
O goberno municipal de Malpica lembra que o servizo de salvamento e socorrismo, integrado por seis profesionais, funciona nas praias de Area Maior e Canido, que son as máis concorridas. Nas demais están colocados aros salvavidas, que chegado o momento poden ser fundamentais para axudar a evitar un afogamento. Por ese motivo fai, unha vez máis, un chamamento ao sentido común e ao civismo.
Novas relacionadas
- Seis socorristas vixilarán a praia de Area Maior de Malpica
- Chegan os traxes para a loita contra a vespa velutina
- Visita á base de Protección Civil de Malpica
- Os equipos de Protección Civil reciben novas lanchas de salvamento
- Os equipos de Protección Civil da Costa da Morte renovan o súa frota
- Protección Civil especialízase no socorrismo en lugares de difícil acceso
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Malpica