Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha ruta polas paisaxes de Malpica aderezada pola música de Icía Varela e Cecilia Burillo

Icia Varela con Arredores en Cerqueda
Icia Varela coa súa banda Arredores tocando este verán en Cerqueda
Unha ruta polas paisaxes de Malpica aderezada pola música de Icía Varela e Cecilia Burillo

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Educación e Medio Ambiente, organiza unha ruta paisaxística por Nariga para o vindeiro venres 27 de agosto. A saída realizarase desde a fonte de Anselmo Villar Amigo, en Malpica, ás 19:00 horas. Será un percorrido en autobús con paradas na Costa, no miradoiro dos Picos de Navás, no miradoiro de Pardavela, na fortificación das Barreiras e con remate no faro de Punta Nariga.
As persoas que desexen participar poderán desfrutar dunha visita ós numerosos gravados medievais que se atopan nestas localizacións. Ademais, Icía Varela interpretará con voz e pandeireta diversas pezas nos miradoiros dos Picos dec Navás e no de Pardavela.
A cita rematara cun concerto de violonchelo a cargo de Cecilia Burillo en Punta Nariga coincidindo co solpor. Ofreceráselle ás persoas asistentes, ademais, unha degustación de chocolate e roscón para finalizar a visita.

Cecilia Burillo
Cecilia Burillo

As inscricións poderán realizarse no Centro Cívico en horario de 9:00 a 13:00 horas, a través do 981 707 104 ou no correo [email protected] ata o venres 27 de agosto ás 14:00 horas. Deberase indicar o nome, DNI e teléfono de cada solicitante. As prazas estarán limitadas a 15 persoas.

RutaNariga

Comentarios