Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Seis socorristas vixilarán a praia de Area Maior de Malpica

Seis socorristas vixilarán a praia de Area Maior de Malpica
Os doce aspirantes aos seis postos de socorrista realizaron estes dias as probas fisicas Os doce aspirantes aos seis postos de socorrista realizaron estes dias as probas fisicas O vindeiro día 18 de xuño, véspera da romaría do Santo Hadrián, comezarán a traballar os seis socorristas contratados polo concello de Malpica que se encargarán da vixilancia da praia de Area Maior. En total presentáronse 12 aspirantes, que tiveron que realizar probas físicas, un exame tipo test e outro de galego. Tamén se realizou un proceso específico para o coordinador do grupo, que traballará en colaboración coa agrupación de voluntarios de Protección Civil. O contrato dos socorristas entrará en vigor o día 18 e a súa finalización establecerase en función das necesidades do servizo. Os traballadores percibirán 1.239,91 euros, agás o coordinador, que cobrará 1.389,91 euros ao mes. Novas relacionadas Fonte

Comentarios