domingo. 10.11.2024
El tiempo

O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica

Captura de pantalla 2020-11-11 a la(s) 16.28.38
Mapa de hoxe da incidencia do COVID
O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica

Malpica é un dos 5 concellos da comarca de Bergantiños e dos 7 da comarca que están en Alerta Vermella por COVID. Son 61 os casos activos confirmados por PCR nestes momentos.

De aí, que o Sergas, despois de conversar co alcalde Walter Pardo, e trala petición da confraría tras un pequeno gromo que houbo en varias embarcacións, confirmase que este sábado vai vir ata Malpica para facer un cribado masivo de 350 análises PCR entre as persoas que integran o colectivo do mar -vendedores, redeiras e patróns de embarcacións-, así como ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.

Dende a confraría confían en que o cribado sirva de modelo para outras zonas, e que máis confrarías poidan tomar nota se o cribado axuda a focalizar.

O goberno municipal insta á “prudencia en todo momento, continuando co pleno cumprimento das. Tan só así poderemos frear a incidencia do virus, coidarnos e coidar os demais”, afirman.

Comentarios