Luns. 14.10.2024
El tiempo

A tradición malpicá xa ten o seu espazo expositivo

Exposicion Malpica
As Asociacións de Malpica participaron na estrea do espazo
A tradición malpicá xa ten o seu espazo expositivo
“Non canto por cantar” é o nome do novo espazo expositivo do Centro de Artesanía e Tradición (antigo Centro Comarcal de Bergantiños). Era unha das necesidades que a Concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, Noelia Freijeiro notara á súa chegada, esa homenaxe a toda a tradición que alberga o concello malpicán merece. De aí nace esta mostra da tradición inmaterial da terra que abría as súas portas este martes 17 de maio de 2022.

O acto, como non podía ser doutro xeito, contou coa participación e actuacións das asociacións locais Raigañas, Malante e Carcaxía, partes fundamentais no feito de manter máis que vivas as tradicións na comarca de Bergantiños.

Noelia Freijeiro
Noelia Freijeiro

A exposición reúne imaxes gráficas e documentación que percorren a historia da música, baile tradicional de Galicia e que aínda se mantén vivo a través das actuacións dos mozos e mozas. Freijeiro fixo entrega dun agasallo a Mar de Bouzas en recoñecemento ao seu compromiso e traballo para a realización da mostra.

Exposicion Malpica 2

Comentarios