Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Tradición, mundo, natureza e gastronomía maridan en Malpica

Concerto Malpica
Tradición, mundo, natureza e gastronomía maridan en Malpica

Segue Malpica demostrando o seu potencial en materia tradicional. Así o demostraron o concerto didáctico “De aquí para alá”, enmarcado no programa municipal das Letras Galegas, co que Lydia Botana e o seu equipo trasladou por todo o mundo dende as raíces da nosa música ao alumnado dos CEIP Joaquín Rodríguez Otero e das escolas unitarias de Mens e Barizo, do CRA A Nosa Señora do Faro; e posteriormente o do CEIP Milladoiro gozaron desta viaxe polo mundo a través da música.

E sen tempo para o descanso, este sábado 14, en paralelo á ruta de tapas Malpica sabe a mar, a vila acolle a representación do espectáculo “Muiñada”. A cita será o marabillos entorno do río de Vaa. Unha obra de teatro para toda a familia na que o xogo, lendas, tradición e música son o fío condutor para mostrar as raíces. Ás 17.30 horas comezará a representación de “Muiñada”, a cargo da compañía Galeteatro. Unha hora máis tarde haberá unha visita guiada pola contorna da Área Recreativa do Río de Vaa.

Muiñada Malpica

Novas relacionadas

Comentarios