Un mestre da Costa da Morte, entre os 5 mellores docentes de España


A Costa da Morte ten un profe entre os 10 Mellores de España de Secundaria. O mestre do IES Urbano Lugrís, Xacobo de Toro Cacharrón, o mestre que está convertindo Bergantiños na capital da docencia en ciencia gracias á súa revolución a través do youtube co seu “XeoClip” vén de recoller o seu premio como 5º Mellor Docente de España no marco dos Premios Educa, que organiza EDUCA con Abanca e MIAC.
Uns 40 docentes (10 por categoría) de toda España achegáronse ata o Hotel Attica da Coruña para participar nesta Gala retransmitida por TVE e presentada por Paloma Lago. O noso representante costeiro, subiu ao estrado para recoñecer ese 5º premio, e despois tivo sesión de fotos por todas partes antes do cóctel.
”Unha tarde moi emotiva”, valorou De Toro, que considera que “só o feito da existencia duns premios destinados ó colectivo docente contribúe a dar visibilidade a todo o magnífico que facemos nas aulas derrochando imaxinación, tempo propio e incluso cartos dos nosos petos para suplir as carencias do sistema e pasalo xenial na aprendizaxe co noso alumnado”.

Aquí tendes a gala completa:
Novas relacionadas
- Xaneiro 18: Bergantiños, capital da docencia en ciencia.
- 17 Bibliotecas escolares da Costa renovan os seus Clubs de Lectura.
- 6 bibliotecas escolares da Costa da Morte, escollidas para o proxecto Radio na Biblio.
- Xacobo de Toro: “Que o pasen ben ca ciencia”.
- Cando divulgar a ciencia trae premio.
- O saber ten premio no IES Fernando Blanco de Cee
- A lingua de Malpica é campal, che!.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).